miércoles, 27 de noviembre de 2013

QUE FARÍA SE...

A semana pasada, durante unha clase xurdiu un breve debate sobre qué facer se nos atopabamos con cartos na rúa. De seguido a profe plantexou unha situación imaxinaria: Que facer se nos atopabamos cun sobre dirixido a cada un de nós que dentro tivera un billete de 500 €...
Aquí queda algunha proposta...

Hoxe pola tarde, camiño do parque atopei un sobre que levaba o meu nome .Ao abrilo atopei dentro un billete de 500 €,sorprendeume moito e ao mesmo tempo,asustoume.Era moi misterioso que nun parque atopara un sobre co meu nome...
Saín correndo a avisar á miña nai. Ela díxome que o deixara onde o atopara,pero a min parecíame que tería que levalo á policía porque eles saberían que facer co sobre e se era de alguén, poderían buscar ao seu dono. Pasadas unhas semanas chamaron á miña nai e dixéronlle que non aparecera o dono e que polo tanto o sobre con todo diñeiro era meu.
Fai xa tempo que vivo en España e sempre quixen aforrar para traer ao meu avó a España uns días. Con esta idea, a miña nai abríume unha conta no banco e fun aforrando para xuntalo aos 500€ e ao cabo duns meses puiden traer ao meu avó a España.

Weinddie


Hoxe pola tarde, camiño do parque atopei un sobre que levaba o meu nome Nuria Limeres Gil.
Ao abrilo atopei dentro un billete de 500 € dixen : que sorte! Quen mo mandaría?
Funme para casa e, chamei á miña tía, á miña avoa...Pero... Nada.
Quen sería?
Cando lle preguntei á miña nai díxome que no sobre non poñía Nuria Limeres Gil, senón que Nuria Lemeeres Gil. Entonces pensei que ao mellor nolo podíamos quedar para irnos de excursión ao acuario, propúxenllo á miña nai e ela aceptou. Cando chegamos ao acuario, esperamos a que abrira, entramos e alí pasamos todo o día vendo os peixes, as quenllas...
Ao saír alí estaba a miña curmá co seu fillo e, díxonos que fora ela quen nos deixara no parque o billete de 500€ para que nos divertiramos xuntas e en familia xa que fai tempo que non saíamos a ningún sitio e menos a un acuario.
Cando estaba alí fóra invitounos a un xeado pero foi a miña nai a que pagou porque a miña tía xa nos invitara a pasar un fermoso día en familia no acuario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario