miércoles, 15 de enero de 2014

CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR

No mes de decembro dúas alumnas de 6º B, Sandra e Sofía, escribiron unha carta ao Apalpador para participar no concurso de cartas a este persoaxe promovido pola Irmandade do Apalpador. 
Á volta das vacacións comprobamos na aula o resultado do concurso e, lemos todos con emoción, a historia da carta narrada pola gañadora do concurso. Con moita alegría puidemos comprobar tamén, como sen mencionar ás nosas compañeiras, estas son nomeadas xa que, o seu desexo era , UNHA PROFE QUE NON LLES PUXERA DEBERES!
Noraboa pola mención!
Deixámosvos o enlace á páxina por se queredes convertirvos en seguidores e seguidoras da mesma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario