jueves, 24 de abril de 2014

A PUBLICIDADE

Nestas últimas datas estivemos a traballar sobre a publicidade, sobre o sexismo dos anuncios publicitarios, a importancia dos lemas, efectos que captan a atención... Un dos traballos de aplicación era a realización dun anuncio publicitario para un producto inventado por nós e, así o fixemos.
Posteriormente Amanda decidiu seguir traballando pola súa conta no tema e, hoxe amosounos a todos o seu último traballo: un vídeo publicitario.
Noraboa Amanda polo teu interese, polo teu traballo e pola túa xenerosidade por compartilo!
( A alumna elaborou o traballo de forma totalmente autónoma, ela buscou a aplicación, descubriu o seu funcionamento, elaborou o traballo e, ela mesma lles explicará ao resto do grupo como manexar a aplicación).

No hay comentarios:

Publicar un comentario