O venres 11 de
abril os alumnos de 5º de Primaria fomos o polideportivo de Samil a xogar ao
tenis. Connosco foron os profesores Manolo, Paula e Ana.
Nada máis chegar ao cole xa nos fomos camiñando polo paseo do río Lagares, tiñamos que levar:
Unha gorra, unha botelliña de auga, un pouco de merenda, roupa e calzado cómodo
e uns papeis coa descripción de árbores que fixemos na clase. Eu levaba todo iso.
De camiño
tiñamos que buscar, por parellas a árbore coa que traballamos na clase. O meu compañeiro Rafa e máis eu buscabamos unha
pereira silvestre; atopámola moi rápido porque estaba ao principio do paseo.
Ao chegar ao
polideportivo os monitores fixéronnos varios xogos e logo votamos uns partidos
de tenis: un contra un. Paseino moi ben.
O director da
escola de tenis deunos unhas pulseiras de recordo.
A volta ao cole fixémola
en autobús. Menos mal! Porque xa iamos cansos.
POR FIN VACACIÓNS!!
(Andrés Vázquez Barciela- 5º A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario