lunes, 19 de mayo de 2014

A FESTA DOS MAIOS


O pasado mércores 14 de maio celebramos a festa dos Maios. Uns días antes da festa os nenos e nenas do terceiro ciclo decoramos o noso con colares de flores, cascas de ovos, con fentos, e con moitos tipos de flores: lilas, fiúnchos, margaridas... etc...

Chegou o día da celebración e a maioría de nenos e nenas do cole viñemos vestidos de branco, listos para levar os nosos Maios ao parque dos Volcáns. Todos os nenos do colexio estabamos no patio, cada ciclo co seu maio xa decorado.

De alí partimos cara a avenida de Castelao cos nosos maios. Ao chegar á avenida comezamos a recitar as coplas por cursos  dende 1ºA ata 6º. Despois diso, os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB fixeron o baile das cintas. Sinceramente, o noso maio non era o mellor, pero o que conta e que o fixemos nós e por iso é o máis especial.

Aínda que nós xa non estaremos, esperamos que todos os nenos do colexio disfruten esta festa, tanto como a disfrutamos nós. Foi moi divertido!!!
Festa dos maios on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario