jueves, 8 de mayo de 2014

A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO

Nun vídeo de animación o escritor José Saramago fainos unha proposta para contar unha historia. El propón as imaxes do relato e os alumnos de 5º A poñen as palabras... Cada un/unha deles/as escribiu a súa versión. Este é o relato que escribiu Diego Sieiro. A ilustración foi realizada por Izan Damas.


A flor máis grande do mundo

Había unha vez unha familia que foi a un deserto onde quedaba soamente unha flor e un arbusto. O arbusto subministráballe auga a flor para que crecera, pero a familia quitou o arbusto de alí e levouno para a súa casa. O neno estaba a xogar cun escaravello que encontrara na sombra do arbusto. Ao chegar a súa casa abriu a caixa onde tiña ao escaravello pero este saíu voando ata o bosque e o neno perseguiuno. Perseguiuno ata atravesar o bosque e chegar ao deserto onde viu a flor que estaba murcha e o neno púxose triste. A continuación, foi correndo ao bosque e colleu coas mans un pouco de auga e así moitas veces ata que ao final a flor xa non estaba murcha e era moito máis grande. Ao neno empezoulle entrar o sono e quedouse durmido. Entón, a flor, como agradecemento, desprendeuse dun pétalo co que tapou ao neno. Na casa da familia estaban buscando ao neno ata que viron unhas pisadas dirixíndose ao bosque. Os pais do neno correron ata chegar ao fin das pisadas onde estaba o neno durmindo e, ao seu carón, estaba a flor xigante. Os pais despertaron ao neno e volveron á casa. Ao final todos reuníronse nun punto onde se vía a flor xigante.

Todos viviron felices.


No hay comentarios:

Publicar un comentario