lunes, 12 de mayo de 2014

SEGURIDADE VIAL NO CIRCUITO DO CASTRO

O pasado venres nove de maio, os dous sextos fomos ao circuíto para bicicletas do Monte do Castro. Alí, dous policías locais, explicáronnos que debiamos ter moito coidado ao andar en bicicleta, pois pode ser moi perigoso se non cumprimos as normas de seguridade. Tamén nos ensinaron algúns dos signos que tiñamos que realizar, pois ao fin e ao cabo, unha bicicleta é un vehículo máis. Despois, algúns nenos montamos en bicicleta, outros fixemos de policías e outros de peóns. Os policías tiñan que comprobar que os ciclistas e os peóns cumpriran completamente as normas de seguridade, e os peóns e os ciclistas tiñan que ir polo circuíto facéndoo o mellor posible. Ao final, todos fomos a unha sala na que avaliamos que tal o fixéramos. A min pareceume unha actividade moi interesante e moi útil tanto para o presente como para o futuro.
( Sandra Noya )
Seguridade Vial on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario