miércoles, 4 de junio de 2014

MARATÓN ESCOLAR DE COIA

A pasada fin de semana celebrouse en Coia un maratón infantil. Neste acontecemento deportivo participaron varios alumnos e alumnas do CEP Celso Emilio Ferreiro. Entre eles destacar ao dono deste trofeo, Breixo de 6º B, quen acadou o primeiro posto. 
Asimesmo queremos destacar a participación de Sandra, Daniel, Yasmina e Amanda , compañeiros de curso de Breixo. Todos eles participaron con ilusión e ,aínda que seguramente compartirían do bo grado o primeiro posto co seu compañeiro, tamén é ben certo que todos eles saben que cruzar a meta en primeiro lugar non é que máis valor ten. O que nos axuda a madurar e a crecer con responsabilidade é facer o esforzo de chegar ás metas que cada un se marque. Noraboa a todos os que participaron na carreira!

No hay comentarios:

Publicar un comentario