O mércores 18 de xuño a Orientadora do centro explicounos brevemente a todos os alumnos e alumnas de 6º, como será a nosa etapa escolar a partires do mes de setembro. Nesta exposición - explicación estaban tres antigos alumnos do Celso Emilio; Sheila,Carmen e Adrián, que na actualidade son alumnos do IES Álvaro Cunqueiro. Eles contáronnos como foi a súa experiencia e axudáronnos a desmitificar este cambio de etapa educativa. Ao mesmo tempo foron moi clariños nos seus consellos e recomendacións! Procuraremos facerlles caso. Grazas a todos.
Esta foi a presentación sobre a nova etapa educativa realizada por Isabel ( Orientadora do CEP Celso Emilio ).
No hay comentarios:
Publicar un comentario