viernes, 6 de marzo de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O día 2 de marzo o alumnado de 6º curso participou na actividade "Dobraxe na escola", organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Os nenos e nenas convertíronse en actores de dobraxe poñendo voz, nada máis e nada menos, que a Bob Esponxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario