Hoxe rematan as actividades lectivas deste curso 2015-2016 para todo o alumnado do CEP Celso Emilio e, hoxe remata tamén a súa etapa neste cole para os dous grupos de 6º.
Unha parte deste alumnado leva no noso centro nove cursos académicos- forman parte da última promoción de educación infantil-, outros seis anos e, algúns só cursaron aquí parte da súa etapa de educación primaria, pero, todos eles rematan esta etapa de educación primaria cheos de ilusións e gañas de afrontar novos retos.
O equipo de profesorado queremos desexarlles moita sorte na súa nova andaina, seguros de que a afrontarán con éxito.
Forza e ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario