A
CÉLULA
O venres vinte e cinco fomos á aula de ciencias a facer
un experimento. Foi moi divertido! Para facelo necesítanse estes materiais: -Un taper cadrado ou redondo (cadrado para a vexetal e
redondo para a animal). - Unha pota con auga quente. - Cociña eléctrica. -Unha froita redonda que non flote. -Xelatina en po ou en láminas. -Doces de diferentes cores, formas e tamaños. -Unha imaxe do tipo de célula que queres recrear. -Tesoiras. -Finalmente, necesitamos un adulto.
Xa que temos os materiais, podemos empezar co proceso de
recrear a célula. O primeiro paso é ir á cociña, con axuda dun adulto acender
os fogóns e colocar a pota con auga quente. Para continuar hai que colocar a xelatina pouco a pouco na pota.
Hai que deixala ata que este totalmente disolta. Serviranos para facer o
citoplasma. Namentras se fai a xelatina collemos o taper e os doces.
Os doces ímolos colocando seguindo a imaxe. Coas tesoiras podes
cortar os doces. Logo colocamos o núcleo, ou sexa, a froita. Agora colles a xelatina e poslle cincocentos mililitros de auga
fría, pero ollo que coa xelatina en láminas o proceso é ao revés. Finalmente con moito coidado vertemos a xelatina no taper,
despois deixámola dúas horas no conxelador. Na nosa clase, non saíu ben, xa que a xelatina non coallou.
Aínda que, Manolo, o noso mestre, fixo dúas células: unha para a nosa
clase clase e outra, para a clase de quinto B. Mañá degustaremos a célula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario