viernes, 6 de diciembre de 2013

APRENDEMOS DOS NOSOS AVÓS. SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

O pasado mércores 27 de novembro veu ao colexio un avó chamado Eugenio de 87 anos que nos ensinou a 6º A e B un montón de cousas interesantes dos seus tempos de infancia.
Para Sandra as ensinanzas máis salientables foron:
  • Ensinounos que debemos ter moito máis respecto polos nosos avós (polas persoas maiores en xeral), porque eles saben moito máis ca nos.
  • Tamén nos ensinou algúns dos xogos aos que el e os seus amigos xogaban de pequenos: a billarda, o peón, o trompo, as canicas...
Weinddie destaca que a pesares das historias importantes e tamén , en certa medida tristes, soubo facelos rir. A ela gustoulle como lles explicaba que se subía a un escalón para parecer máis alto nas fotos.
A Álvaro chamoulle a atención cómo pasaban moito tempo na rúa sen os adultos, antes debía ser menos perigoso saír sós á rúa!
Breixo quédase con estas dúas recomendacións:
  • A primeira recomendación que hai que mimar moito aos nosos avós
  • a segunda que a educación non pode faltar.
Finalmente Daniel interpreta que hoxe en día , os pais modernos xa non castigan aos seus fillos como antes , polo tanto os adolescentes de hoxe son moito máis irresponsables.


Grazas Eugenio por compartir con nós a túa experiencia e o teu tempo. GRAZAS!

2 comentarios:

  1. Bo resume de todo o que vimos, pero poderíase por algunha que outra fotiño...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas pola túa aportación anónima. Tentaremos localizar algunha foto do avó Eugenio!

      Eliminar