viernes, 13 de mayo de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Diego Barreiro  cóntanos como foi a saída ao parque de Educación Vial do Castro:
" O xoves 21 de abril de 2016, o grupo de 6º de Educación Primaria foi a un obradoiro de Educación Vial no parque do Castro.
Cando chegou o primeiro grupo (9:15 a.m.), esperou ata as nove e media para que os policías prepararan o material.
Xa todo listo, dividíronse en tres equipos (azul, laranxa e amarelo) e cada un varios papeis: policías (non todos foron), peóns e ciclistas. 
 As bicicletas que nos deron, algunhas tiñan cambio de marcha e outras non; as que non o tiñan, custaba moito arranzar. Os equipos ciclistas tiñan que ir todos xuntos e os semáforos tardaban moito en cambiar de cor.
Os policías (alumnos), tiñan posta a gorra de comisario e unha folla na que puñan que tal o facían os seus compañeiros.
Os viandantes, tiñan que andar polas beirarrúas e cruzar polos pasos de peóns.
Este obradoiro, segundo o comisario, saiu moi ben.
Ao final, cando xa os alumnos ían ao Vitrasa (autobús de Vigo), déronlles unhas carteiras azuis para gardar os cartos."



 

Educación Vial no Castro on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario