viernes, 13 de mayo de 2016

EDUCACIÓN VIARIA

Nerea Collazo cóntanos como foi a súa experiencia na saída didáctica que realizamos ao Parque do Castro. A actividade estaba dirixida pola Policía Local, a quen queremos agradecerlles o seu traballo.

"Hai uns días fixemos unha saída didáctica ao Parque de Educación Vial do Castro. A mín gustoume moito a actividade, foi moi divertida, o mellor de todo é que o tempo pasoume voando! Eu fun peón e ciclista. Foi máis divertido andar na bicicleta que ir andando.
Despois da experiencia sei que teño que mellorar as maniobras, ter máis equilibrio e calcular unha saída pequena porque choqueime moitas veces cos meus compañeiros de equipo.

Non sei como se sentiron os que representaron as funcións dos policías pero o que sei é que o pasei xenial. Botei algunhas risas e estiven moi contenta. E o máis importante é que quero repetir!"


Educación Viaria on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario